Os empresarios están dispostos a estudar a oferta sindical nas instalacións deportivas
Non obstante, a convocatoria de folga mantense para os días 16, 17, 18 e 19 de xaneiro, xornadas nas que tamén se desenvolverán mobilizacións por todo o país.
Proposta sindical:
-Salario base: 1.000 euros no ano 2012 en 14 pagas para as categorías que no convenio estatal cobran 713 euros no ano 2009.
-Vixencia até o 31 de decembro de 2012.
-Xornada: limitar a distribución irregular para os contratos inferiores a trinta horas semanais.
-Xornada anual: ano 2009, 40 horas. 2010, 39 horas. 2011, 38 horas e 2012, 37 horas.
- IT: 100% para os que xa a gocen, enfermidades profesionais, hospitalización e do primeiro ao quinto días de continxencias comúns e, a partir do sexto, o 85%.
-Atrasos: aboamento dos atrasos de 2009, nos termos que se pacten.
Preme para consultar as actas das negociacións
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta_9_instalacions_deportivas.pdf | 165.84 KB |




