O persoal de instalacións deportivas traslada ás rúas as súas demandas
Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores, a terceira fase na folga de instalacións deportivas está a rexistrar un amplo seguimento que se visualiza co peche de ducias de centros por toda a xeografía nacional. Mentres, marchas solidarias cos traballadores e traballadoras do sector percorreron as rúas coruñesas e ferrolás o 17 de xaneiro.
Chegar a cobrar mil euros no 2012. Ese é un dos obxectivos que move aos empregados e empregadas das instalacións deportivas de toda Galiza a secundar masivamente a folga no sector, cuxo seguimento se aproxima novamente ao 90%.
Malia este éxito, a resposta da patronal aínda está por chegar. O 20 de xaneiro desenvolverase unha nova xuntanza entre as partes, na que os empresarios terán que dar unha contestación á última proposta sindical.
Galería fotográfica da marcha solidaria da Coruña
Novas relacionadas:





