CIG-Servizos mobilízase contra o recorte horario na limpeza bancaria

20100118_limpeza_bancos_vigo
Ducias de delegados/as chegados desde diferentes comarcas do país mobilizáronse en Vigo o 18 de xaneiro onde protagonizaron protestas en sucursais de Caixanova e BBVA para censurar o recorte de horas aos traballadores/as da limpeza.
19/1/10.

As accións consistiron en concentracións no exterior e ocupacións de oficinas. Representantes sindicais lograron entrevistarse cos directores das sucursais para lles trasladar as demandas dos empregados/as da limpeza, mulleres na súa maioría con contratos a tempo parcial. Axentes antidisturbios da policía española identificaron algúns manifestantes e ameazáronos con propor sancións gobernativas.