Os bombeiros de Galiza retoman a loita contra a privatización
A Deputación da Coruña, por acordo dos tres partidos políticos que a compoñen (PSOE, BNG e PP), e en complicidade coa Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, decidiu impoñer para toda a provincia unha xestión das emerxencias pola vía da externalización dos seus servizos. Isto supón que o Consorcio de Emerxencias creado entre Deputación e Xunta será xestionado definitivamente por empresas privadas.
O cinismo e falsidade amosado polo PSOE e BNG cos cidadáns e cos sindicatos merece a maior das críticas e repulsa pois, por un lado, comunícanlles ás centrais que “queren e defenden” a xestión pública directa mentres impulsan e consolidan alí onde gobernan a externalización e privatización dos servizos.
CIG-Servizos, UGT e CC.OO entenden que, na práctica, os tres partidos políticos están a defender e aplicar o mesmo modelo. Por todo isto, os tres sindicatos convocan unha serie de mobilizacións en toda Galiza e unha grande manifestación na cidade da Coruña, o 29 de xaneiro, baixo o lema “Contra a privatización da xestión das emerxencias. Por un servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento”. A marcha partirá ás 11:30 horas desde a praza da Palloza e concluirá diante da sede da Deputación Provincial.
RELACIÓN DE ASEMBLEAS
- PARQUES PÚBLICOS:
PARQUE | DATA | HORA |
LUGO | 21/xoves | 12 horas |
CORUÑA | 22/venres | 10 horas |
SANTIAGO | 25/luns | 20 horas |
FERROL | 22/venres | 18 horas |
VIGO | 25/luns | 10 horas |
PONTEVEDRA | 25/luns | 16 horas |
OURENSE | 26/martes | Pendente de confirmar |
SILLEDA | 22/venres | 20 horas |
- PARQUES PRIVATIZADOS:
PARQUE | DATA | HORA |
PONTEVEDRA |
|
|
SALNÉS | 25 xaneiro | 16:00 horas Fan a asemblea conxuntamente os tres parques |
PORRIÑO | “ | “ |
BUEU | “ | “ |
OURENSE | 26 de xaneiro | Por confirmar |
A RUA | Nesta semana | Fan a asemblea conxuntamente os tres parques. |
XINZO | “ | “ |
VERIN | “ | “ |
CORUÑA | Todas o 26/martes | Fan a asemblea conxuntamente todos os parques en Carballo ás 10 horas |
ARTEIXO | “ | “ |
BETANZOS | “ | “ |
CARBALLO | “ | “ |
ORDES | “ | “ |
ARZUA | “ | “ |
BOIRO | “ | “ |
RIBEIRA | “ | “ |
AS PONTES | “ | “ |
CEE | “ | “ |
SANTA COMBA | “ | “ |
|
|
|
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| comunicado_emerxencias.pdf | 27.63 KB |



