CIG-Servizos só apoiará a folga de UGT na seguridade privada para acadar melloras
CIG-Servizos está a explicar a súa postura por medio dunha carta aberta ao persoal do sector que está repartir masivamente polos centros de traballo.
"Se se quere convocar folga na seguridade privada, CIG-Servizos está plenamente disposta a apoiala. Pero primeiro hai que acordar e explicarlle ao sector que se quere conseguir. Non se pode chamar aos traballadores á folga sen dicirlles para que se fai. Non se realizou nunca na historia do Estado español unha folga parella a unha demanda de conxelación salarial. Folga si, pero para acadar melloras reais e subas importantes. Facer o contrario é enganar, do mesmo xeito que facer folgas sen crer nelas para xustificar posteriores firmas de malos convenios, algo que por desgraza neste sector xa ten pasado. E á historia nos remitimos", conclúe a carta.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Carta_Aberta_Seg._Privada.pdf | 87.91 KB |




