Despedidas 12 traballadoras da limpeza nun Alcampo vigués ao non seren subrogadas

20100205_limpeza_alcampo.jpg
O cambio de contrata da limpeza nun Alcampo vigués supuxo o despedimento de 12 traballadoras que non foron subrogadas á empresa que se fixo cargo do servizo, “Amil Lago Servicios Generales S.L.”. Dita situación contravén o estipulado no Estatuto dos Traballadores e no convenio de aplicación, o de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra. O persoal estase a mobilizar para denunciar esta ilegalidade.
05/2/10.

As traballadoras despedidas realizaron, o 31 de xaneiro, unha sentada na porta do Alcampo de Coia coincidindo coa entrada da primeira quenda do persoal da nova contrata. A protesta rematou cunha intervención da policía que desaloxou as compañeiras. As mobilizacións proseguiron nos días posteriores.