O persoal de deportes decide proseguir coa folga
Na asemblea celebrada na Coruña, na que non participou UGT por ter convocada outra só para a súa afiliación, CIG-Servizos amosou o seu total apoio á loita dos traballadores/as e desmentiu as informacións aparecidas en La Voz de Galicia nas que se aseguraba que as organizacións sindicais tiñan a intención de desconvocar a folga.
Ese mesmo día, empregados trasladáronse até o edificio administrativo da Xunta en Monelos coa intención de se reunir co superdelegado territorial. Os manifestantes realizaron unha sentada no recibidor, onde permaneceron por máis de media hora até que finalmente foron atendidos polo secretario do superdelegado, quen lles comunicou que a administración territorial tentaría pórse en contacto co director xeral de Deportes para buscar unha saída ao conflito.
Preme para consultar as actas da comisión negociadora do convenio




