Dispoñíbeis os documentos do V Congreso da CIG-Servizos

CIG-Servizos pon a disposición da afiliación os documentos do V Congreso da Federación, que se ha celebrar en Compostela o 10 de abril. Xa se poden consultar o regulamento congresual e os relatorios de Estatutos, Organización e de Negociación Colectiva e Acción Sindical.
08/2/10.

A orde do día do V Congreso da Federación de Servizos da Confederación Intersindical Galega é a seguinte:

Das 9:00 horas ás 9:45 horas

Recepción de congresistas e entrega da documentación.

Das 9:45 horas ás 10:00 horas

Inauguración oficial e presentación de convidados.

Das 10:00 horas ás 10:15

Debate e votación do Regulamento do Congreso.

Das 10:15 horas ás 11:30

Informe da Executiva Nacional. Informe de Finanzas, de Eleccións Sindicais e Negociación Colectiva. Debate e votación.

Das 11:30 horas ás 11:45

Elección da Mesa Presidencial do Congreso.

Das 11:45 horas ás 12:45

Debate e votación do Relatorio de Estatutos.

Das 12:45 horas ás 14:00

Debate e votación do Relatorio de Organización.

Das 14:00 horas ás 16:00

Xantar.

Das 16:00 horas ás 17:00

Debate e votación do Relatorio de Acción Sindical.

Das 17:00 horas ás 17:15

Anuncio das candidaturas presentadas.

Das 17:15 horas ás 17:45

Intervención dos e das candidatas.

Das 17:45 horas ás 18:30

Votación

Das 18:30 horas ás 19:00

Reconto e proclamación dos e das candidatas electas.

Das 19:00 horas ás 19:20

Intervención das delegacións convidadas.

Das 19:20 horas ás 19:30

Resolucións congresuais

Das 19:30 ás 20:00 horas

Acto de clausura