Os traballadores de Francisco Parada mobilízanse para reclamar o cobro dos atrasos

20100224_francisco_parada.jpg
O persoal de Francisco Parada, empresa dedicada á comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, iniciou o 18 de febreiro mobilizacións na Coruña para reclamar o pagamento dos atrasos salariais, que en moitos casos chegan até os seis meses. Os traballadores tiveron que recorrer á Xustiza para conseguir a rescisión dos seus contratos, pois o empresario négase sistematicamente a proceder ao despedimento.
18/2/10.

A empresa, que conta con estabelecementos na Coruña e Vigo, atópase nunha situación de quebra. Os impagamentos non só afectan os operarios, senón tamén os provedores e mesmo clientes.

O 18 de febreiro realizouse na Coruña unha concentración de protesta diante da tenda da rúa Fernando Macías.