Persoal de deportes é desaloxado pola policía da Dirección Xeral de Relacións Laborais
Tras cinco horas de peche no despacho de Martiñá, a policía rebentou a pechadura da porta para sacar á forza a trintena de traballadores/as e delegados/as sindicais que permanecían no interior do cuarto. Segundo explicou o Secretario Nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, os axentes cebáronse especialmente con dúas persoas ás que provocaron múltiples contusións. Así mesmo, os policías identificaron todas as persoas que participaron na acción.
Falta de compromiso
“Tanto Beatriz Mato como o presidente Feijoo comprometéranse publicamente a implicarse neste conflito e a mediar para conseguir unha reunión coa patronal. Unha semana despois non tiñamos nin día nin hora para a xuntanza, así que a fomos buscar pola nosa conta”, explicou Xosé Lois Martín Freire, secretario nacional de Organización da CIG-Servizos.



