Zara deberá indemnizar CIG-Servizos por vulnerar a liberdade sindical

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou Zara España S.A. por vulnerar o dereito á liberdade sindical da CIG-Servizos. Esta firma do grupo Inditex deberá indemnizar a central con 1.264´78 euros polo prexuízo moral ocasionado. Zara negáralles permisos retribuídos a dúas traballadoras que designara o sindicato para acudir a xuntanzas da negociación do convenio provincial do comercio téxtil ourensán.
22/2/10.

Zara fundamentaba a súa negativa a concederlles os permisos no feito de que as dúas traballadoras non eran delegadas sindicais nin tampouco do comité de empresa. Porén, a sentenza do TSXG desbarata esta argumentación e estima que a conduta patronal constitúe unha vulneración do dereito á liberdade sindical.

A presente resolución xudicial sinala que a lexitimación para a negociación colectiva corresponde aos sindicatos e non aos representantes unitarios dos traballadores cando o ámbito dos convenios é superior á empresa, como acontece neste caso, que é provincial. Por tanto, as centrais poden designar as persoas que consideren convenientes para participar nas negociacións.

AdxuntoTamaño
Sentenza_Zara_TSXG.pdf4.68 MB