A patronal non acode a unha mediación e enquista aínda máis o conflito dos deportes

Marcha solidaria na Coruña por un convenio galego de instalacións deportivas 12
Os empresarios das instalacións deportivas non compareceron o 22 de febreiro nunha mediación convocada no Consello Galego de Relacións Laborais para tentar abrir algunha vía que posibilite o diálogo coa parte social. Por outra banda, as protestas proseguen, tal como se demostrou o día 23 con peches simultáneos en Ames, Pontevedra, Ferrol e A Coruña.
23/2/10.

Cos peches, o persoal demandou aos concellos que presionen as empresas concesionarias para que senten a negociar, máxime despois do plante da patronal na mediación do 22 de febreiro. Os traballadores entenden que os concellos deben asumir a súa parte de responsabilidade pois tamén adxudican concesións para a explotación das instalacións deportivas.