Persoal da limpeza de todo o país solidarízase coas despedidas nun Alcampo de Vigo
O cambio de contrata da limpeza nun Alcampo vigués supuxo o despedimento de 12 traballadoras que non foron subrogadas á empresa que se fixo cargo do servizo, “Amil Lago Servicios Generales S.L.”. Dita situación contravén o estipulado no Estatuto dos Traballadores e no convenio de aplicación, o de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra.
Tránsito Fernández, secretaria comarcal da CIG-Servizos viguesa, insta a Consellaría de Traballo a que tome cartas no asunto dada a súa gravidade: “Non só é grave o despedimento colectivo, senón tamén o incumprimento da cláusula de subrogación do convenio. A Consellaría de Traballo debe facer cumprir a lei e o convenio, dado que a empresa Amil Lago non ten CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas) de limpeza”.




