Convocada folga na residencia Geriatros de Cabanas contra o despedimento dunha delegada do comité

Geriatros_laraxe.jpg
CIG-Servizos convocou folga na residencia da terceira idade Geriatros de Laraxe (Cabanas) para os días 8, 15 e 22 de abril como medida de protesta contra o despedimento dunha delegada do comité. Esta represalia é unha advertencia ao persoal do resto de xeriátricos da empresa para que non reclame melloras como as conseguidas no centro de Laraxe. Porén estes intentos serán inútiles.
19/3/10.

Geriatros “fundamenta” o seu despedimento en graves insidias contra a compañeira, a que non dubida en responsabilizar de actitudes neglixentes da propia empresa. Non satisfeito con isto, o xeriátrico está a enrarecer o ambiente de traballo e a fomentar o enfrontamento entre compañeiros. Ademais, a residencia non cobre as horas sindicais dos membros do comité co propósito de saturar o resto traballadores e de provocar leas entre eles.

O persoal carece tamén do equipamento suficiente para poder desenvolver o seu traballo coas medidas imprescindíbeis de seguridade e hixiene.