Readmitidas as 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia

Protesta Alcampo Coia
As 12 traballadoras da limpeza do Alcampo de Coia (Vigo) que foran despedidas reincorporáronse o 22 de marzo aos seus postos logo de que a multinacional francesa recapacitase e optase por cambiar de contrata do servizo e esta aceptase subrogar as empregadas. CIG-Servizos felicítase por este desenlace satisfactorio ao conseguírense a readmisión das compañeiras e o cumprimento do convenio.
22/3/10.

O conflito desencadeárase como consecuencia da negativa da anterior contrata, Amil Lago Servicios Generales S.L., a subrogar as 12 traballadoras que viñan desenvolvendo as tarefas de limpeza deste Alcampo vigués. Tal situación contraviña o convenio provincial de aplicación e propio Estatuto dos traballadores.

O persoal mobilizouse constantemente desde comezos de febreiro para denunciar a irregularidade e inxustiza que supuñan o seus despedimentos. Mesmo houbo concentracións solidarias en todos os Alcampos do país.