Francisco Parada segue adebedando máis de sete mensualidades

Francisco Parada, autocolante
Francisco Parada, propietario dos estabelecementos homónimos, segue sen pagar os salarios a traballadores da súa empresa. A resposta da CIG-Servizos prosegue con contundencia e o 23 de marzo houbo unha nova concentración fronte á tenda da rúa Fernando Macías da Coruña. Existen casos de empregados que levan máis de sete meses sen percibir o soldo.
23/3/10.

A sociedade atópase nunha situación de quebra absoluta mais isto non impide que o patrón continúe mantendo un ritmo de vida luxoso. Tampouco escatima en cartos á hora de contratar os servizos dun dos bufetes de avogados máis caros da cidade para que o axuden a eludir o cumprimento das súas obrigas cos traballadores.

A situación do persoal é tan dramática que mesmo existen casos de baixa laboral por mor do desgaste psicolóxico ocasionado nestes meses. Os empregados vense na obriga de denunciar xudicialmente para conseguir a rescisión dos contratos e, conseguintemente, poder cobrar o paro.