CIG-Servizos oponse á folga da UGT na seguridade privada por non pedir melloras
CC.OO e USO son cómplices do escurantismo da UGT. Nos últimos días desmarcáronse da folga alegando que os obxectivos perseguidos por esta “non reúnen os mínimos esixidos polo sector”. CIG-Servizos pregúntase cales son estes obxectivos e por que CC.OO e USO os ocultan aos traballadores e traballadoras. O sindicato nacionalista empraza as demais centrais a que expliquen publicamente en que consistiron e que se tratou nas reunións “informais” que mantiveron coa patronal ao longo deste mes.
CIG-Servizos coida que o sector merece respecto por parte daqueles que din representalo. Semella que o único que lles preocupa a UGT, USO e CC.OO son os seus intereses. No entanto, a Federación de Servizos da CIG segue adiante co seu plan de mobilizacións en grandes superficies, entidades bancarias, nos edificios das administracións públicas, no transporte de fondos, etc. Do mesmo xeito, seguirá denunciando na Inspección de Traballo os incumprimentos do convenio e, ante a Unidade de Seguridade Privada da policía, a vulneración da lei que regula a actividade no sector.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Comunicado_seguridade_privada_20100325.pdf | 123.16 KB |




