UGT apraza a súa folga na seguridade privada

UGT aprazou "provisionalmente" a folga que convocara en solitario na seguridade privada prevista para os días 29, 30 e 31 de marzo. Este sindicato xustifica a súa decisión na falta de apoio de USO e CC.OO e acusa o Ministerio de Interior de decretar servizos mínimos abusivos. CIG-Servizos xa manifestou que non vai apoiar folgas que non procuren melloras para os traballadores, como é o caso da que promove UGT no sector.
26/3/10.

Preme nas novas relacionadas para ampliar información.