SEAGA non paga os salarios de tramitación a dous traballadores readmitidos

Asemblea e manifestación de SEAGA 10
A empresa pública SEAGA, dependente da Consellaría de Medio Rural, readmitiu dous representantes sindicais da CIG mais non lles aboou os salarios de tramitación, aqueles que lles corresponden desde o momento en que foron despedidos até o intre en que se produciu a readmisión. Deste modo, o departamento autonómico dirixido por Samuel Juárez incumpre unha sentenza ditada neste sentido por un xulgado do Social de Ourense. A asesoría xurídica da CIG solicitará ao órgano xurisdicional a execución íntegra do fallo.
30/3/10.

CIG-Servizos de Ourense considera lamentábel e impresentábel que unha empresa con capital público vulnere continuamente o estabelecido na lexislación laboral e, aínda por riba, que o faga incumprindo decisións xudiciais. SEAGA primeiro retrasou a reincorporación dos traballadores e agora castígaos sen percibir os salarios de tramitación. Esta actitude dos directivos obedece a unha política de represalias contra os empregados que reclamaron os seus dereitos ante os xulgados.