Persoal de Francisco Parada participa nunha “procesión” para manifestar o seu propio calvario

20100331_francisco_parada_via_crucis.jpg
Os traballadores de Francisco Parada seguen adiante coas protestas para lle reclamar ao patrón o pagamento das mensualidades, que nalgúns casos se demora até sete meses. Persoal da empresa realizou unha “procesión” o 31 de marzo na Coruña que decorreu entre a tenda da rúa Fernando Macías e a vivenda do propio Parada.
03/4/10.

A sociedade atópase nunha situación de quebra absoluta mais isto non impide que o patrón continúe mantendo un ritmo de vida luxoso. Tampouco escatima en cartos á hora de contratar os servizos dun dos bufetes de avogados máis caros da cidade para que o axuden a eludir o cumprimento das súas obrigas cos traballadores.

A situación do persoal é tan dramática que mesmo existen casos de baixa laboral por mor do desgaste psicolóxico ocasionado nestes meses. Os empregados vense na obriga de denunciar xudicialmente para conseguir a rescisión dos contratos e, conseguintemente, poder cobrar o paro.