Servizos confírmase como a Federación máis plural da CIG

Paulo Rubido pronuncia o discurso de clausura
A nova Executiva Federal da CIG-Servizos recibiu o apoio do 95% dos votos emitidos no V Congreso, celebrado en Compostela o 10 de abril. Este organismo experimentou unha renovación significativa coa incorporación de 6 novos membros. Paulo Rubido foi reelixido secretario nacional co 92% das papeletas emitidas. Servizos confírmase como a Federación máis plural da CIG e como a primeira en afiliados/as.
11/4/10.

CIG-Servizos incrementou nos últimos catro anos nun 30% a afiliación e o número de delegados/as.

O proceso de renovación dos organismos de dirección empezou pola propia Executiva Federal, que conta coa incorporación de seis novos compañeiros/as: Adolfo Naya Fernández, Asunción Castiñeira Fernández, Tomás Gonzalo Vaamonde, Cristina Martínez Padín, Xosé María Figueroa Trigo e Xosé Santiago Alvite Rueda.

O secretario nacional salientou que a confección da candidatura se fundamentou no consenso e incidiu no carácter plural da súa composición malia as “diferenzas lexítimas que poidan existir entre nós”. Rubido dedicou unha mención especial a catro compañeiros/as que non continúan na Executiva Federal: Carme Antas, Santiago Aldazábal, Xosé Lois Martín “Paio” e Lois Soto. A eles dedicou unhas sentidas palabras de agradecemento polo compromiso e entrega amosados durante moitos anos en defensa da clase traballadora.

O V Congreso aprobou as seguintes resolucións especiais: de apoio á Marcha Mundial das Mulleres, aos colectivos que loitan pola recuperación da Ría de Ferrol, á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública, sobre o excarceramento do sindicalista vasco Rafa Díez, en defensa do galego fronte aos ataques da Xunta, en contra da dispersión dos presos políticos galegos e a favor da súa liberación, na defensa dos servizos públicos, en contra da explotación dos traballadores/as inmigrantes, sobre a inclusión das empregadas do fogar no Réxime Xeral da Seguridade Social, de apoio á Revolución cubana, a favor do dereito de autodeterminación da Galiza e do resto dos pobos en especial do palestino, saharauí, vasco e catalán, en contra dos alimentos transxénicos, en rexeitamento da homofobia e a favor do recoñecemento dos dereitos das traballadoras do sexo e que estas se organicen na CIG-Servizos.

O V Congreso contou coa presenza de delegacións internacionais de ELA-Zerbitzuak, de Euskal Herria, e da Federació de Serveis da Intersindical-CSC, dos Països Catalans, representadas respectivamente por Igor Eizagirre, secretario xeral, e por Antoni Alarcón, secretario de Organización. A CGTP-IN portuguesa remitiu un comunicado ao Congreso e o sindicato vasco LAB escusou a súa ausencia por problemas de axenda. Pola súa banda, Suso Seixo representou a Confederación e Xesús Pastoriza a FGAMT-CIG.

RESULTADOS DAS VOTACIÓNS DOS DIFERENTES RELATORIOS E PARA A ELECCIÓN DOS ORGANISMOS:

  • Informe de Xestión: 155 votos favorábeis, 0 en contra e 1 abstención.

 

Executiva Federal: 154 votos a favor e 8 en branco.

  1. Paulo Paio Rubido Bará
  2. Adolfo Naya Fernández
  3. Pedro Pérez Caride
  4. Asunción Castiñeira Fernández
  5. Tomás Gonzalo Vaamonde
  6. Cristina Martínez Padín
  7. Xosé María Figueroa Trigo
  8. Elisa Ares Albor
  9. Xosé Santiago Alvite Rueda

 

Representantes da Federación no Consello Confederal da CIG: 151 votos a favor, 9 en branco e 1 nulo.

  1. Paulo Paio Rubido Bará
  2. Carlos Vázquez Castro
  3. Xosé Santiago Alvite Rueda
  4. Lois Soto Sabio
  5. María do Tránsito Fernández Fernández
  6. Adolfo Naya Fernández
  7. Xacobe Rodríguez Vila
  8. Asunción Castiñeira Fernández
  9. Humildad Romero Álvarez
  10. Cristina Martínez Padín
  11. Antón Álvarez Meraio
  12. Dolores Rodríguez Vázquez
  13. Ana Casal Beltrán

 

Secretario nacional: 147 votos a favor, 11 en branco e 1 nulo.

  • Paulo Rubido

 

PREME PARA VER A GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

VÍDEO DA ACCIÓN SINDICAL DOS ÚLTIMOS CATRO ANOS PROXECTADO NO V CONGRESO

FAIL (the browser should render some flash content, not this).

Acción sindical CIG-Servizos (abril 2006-abril 2010), vídeo proxectado no V Congreso