Comeza a terceira edición do ciclo de cinema obreiro “Saíndo da fábrica”

modern_times_chaplin.jpg
A terceira edición do ciclo de cinema obreiro “Saíndo da fábrica”, que organiza a CIG-Servizos coruñesa desde 2008, comezou o 29 de abril coa proxección do filme “Modern Times” de Charles Chaplin no Forum Metropolitano. A programación deste ano tamén contempla charlas a cargo de sindicalistas que darán pé a coloquios e debates.
30/4/10.

Á parte do ciclo cinematográfico que organiza anualmente a CIG-Servizos na Coruña co gallo do 1º de Maio, nesta ocasión a Federación tamén se suma a un proxecto solidario para crear un cinema na cidade palestina de Hebrón. “Este proxecto construirémolo todas e todos os espectadores do ciclo. Así converterémonos en pequenos transformadores da sociedade ao tempo que aplicamos a solidariedade obreira entre pobos”, explica Adolfo Naya, coordinador do ciclo e integrante da Executiva Federal.

Programación de películas (proxectadas no Forum Metropolitano da Coruña):

  • 29, 30 de abril e 1 de maio, Modern Times, de Charles Chaplin (V.O.S. en español).
  • 6, 7 e 8 de maio, Númax presenta, de Joaquín Jordá (V.O. en español).
  • 13, 14 e 15 de maio, Veinte años no es nada, de Joaquín Jordá (V.O. en español).
  • 20, 21 e 22 de maio, El efecto Iguazú, de Pere Joan Ventura (V.O. en español).
  • 27, 28 e 29 de maio, Unser Täglich Brot (O pan noso de cada día), de Nikolaus Geyrhalter (V.O.S. en español).

HORARIOS: xoves, 20:15; venres, 20:15; sábado 17:15 e 20:15.

A entrada para o público xeral é de 3 euros e de 2 para os/as afiliados/as á CIG, xubilados, desempregados e portadores do Carné Xove.

Charlas-debate (ao rematar os filmes):

  • Venres 30 de abril: participación de Fernando Solla, técnico de prevención de riscos laborais.
  • Venres 7 de maio: participación de Xosé Manuel Sande, traballador do CGAI.
  • Xoves 13 de maio: participación de Alfredo Bocija, ex-traballador de Intelsa e actual secretario comarcal da CIG-Metal.
  • Venres 21 de maio: participación de Eduardo Caamaño, ex-traballador de Sintel e sindicalista da CIG-Metal.
  • Venres 28 de maio: participación de Carme Freire, secretaria nacional do Sindicato Labrego Galego.