Inícianse mobilizacións para renovar o convenio do comercio téxtil pontevedrés

20100430_comercio_textil_vigo
Persoal do comercio téxtil da provincia de Pontevedra iniciou o 30 de abril en Vigo unha campaña de mobilizacións para demandar a renovación do convenio sectorial, cuxa vixencia expirou en decembro de 2008. A mesa da comisión negociadora aínda se constituíu o pasado 28 de abril e nela só está representada unha asociación empresarial. Inditex, o grupo con máis estabelecementos no sector, négase a participar no proceso.
03/5/10.

Un grupo de traballadoras e traballadores do comercio téxtil manifestouse o 30 de abril en Vigo entre as rúas Príncipe e Urzáiz. CIG-Servizos entende que esta primeira protesta foi un éxito e anuncia que se repetirá o 7 de maio, polo que fai un chamamento a todos os empregados e empregadas do sector para que a secunden.