Persoal de emerxencias manifestarase o 20 de maio en Lugo
A marcha do día 20 partirá do parque público de bombeiros e concluirá diante da Deputación provincial baixo o lema “En defensa dun servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento. Contra a privatización da xestión das emerxencias e por un Estatuto do bombeiro profesional”.
Avanza o proceso de privatización
A constitución do consorcio provincial de emerxencias de Pontevedra, que será de xestión privada, producirase probabelmente en outono de acordo coa información transmitida á prensa polos responsábeis da Deputación. A intención destes é que o consorcio agrupe todos os parques comarcais existentes, incluído o de Silleda, que é o único que se mantén público na actualidade.