Empregados protestan ante a sede viguesa de Geriatros contra o despedimento de dous delegados

20100504_geriatros_vigo.jpg
Traballadores e delegados das residencias privadas da terceira idade desenvolveron un acto de protesta en Vigo, o 4 de maio, diante da sede da empresa Geriatros en demanda da readmisión de dous delegados despedidos nas residencias de Laraxe (Cabanas) e Vilanova e contra o bloqueo da negociación do convenio colectivo.
05/5/10.

Geriatros está a emprender unha política represiva contra os seus empregados que se manifestou recentemente co despedimento de dous representantes do persoal. O acto de protesta do día 4 desenvolveuse durante máis dunha hora nun forte ambiente reivindicativo e de loita.