Traballadores de Francisco Parada comezan unha peregrinación a Compostela
Roberto Pérez Vila, responsábel comarcal do comercio, critica que Francisco Parada estea a utilizar diñeiro para querelarse contra el mentres segue a incumprir as súas obrigas con traballadores aos que non paga desde hai meses. Mesmo existe o caso dun empregado que leva un ano sen percibir o salario.
Cinco demandas contra a empresa
Até o momento hai cinco demandas xudiciais presentadas contra a compañía para esixir a extinción dos contratos, reclamar os salarios pendentes do ano pasado, os atrasos de convenio correspondentes a 2008 e 2009 ou os meses de baixa que non foron abonados, entre outros conceptos.
O primeiro xuízo sobre extinción de contratos celebrarase en xullo, mentres que as vistas relacionadas coas cuestións económicas non se ventilarán até 2011.