Os sindicatos fretan buses para asistir á manifestación do 20 de maio en Lugo

20100129_mani_bombeiros_03
A CIG, CC.OO e UGT fretarán cinco buses para asistir a manifestación do día 20 en Lugo en defensa da xestión pública dos servizos de emerxencias. Dous autocares partirán de Vigo, un desde Vilagarcía e o resto da Coruña e Carballo. A marcha comezará na cidade amurallada ás 11:30 horas diante do parque de Frigsa (na avenida da Coruña) e ten previsto concluír fronte á sede da Deputación provincial.
13/5/10.

Horarios dos buses:

1º.- Con saída de Vigo (do parque de Bombeiros) ás 9 horas, con parada sobre as 9'30 en Pontevedra (diante do pavillón), e destino a Lugo.

2º.- Con saída de Vigo (da sede de CC.OO no Polígono de Navia) ás 9 horas, pasando ás 9'15 horas por diante do Reitorado (no Areal) e, sobre as 10'15, parada en Ourense, con destino Lugo.

3º.- Con saída de Vilagarcía (saíndo do TIR a carón dos cines), ás 8'30 horas, pasando por Padrón sobre ás 9'15 e con parada en Compostela ás 10 (diante da sede dos Sindicatos en San Lázaro), con destino Lugo.

4º.- Con saída de Coruña cidade, (saíndo da sede dos Sindicatos), ás 10 horas, con destino Lugo.

5º.- Con saída de Carballo (do parque de Bombeiros), ás 9'30 horas, parando en Betanzos (no parque), ás 10'15 horas, dirección Lugo.