CIG-Servizos obtén maioría absoluta no comité coruñés de Pilsa
As eleccións celebradas nesta compañía o 12 de maio nos centros de traballo da provincia da Coruña poñen de manifesto, máis unha vez, a confianza que inspira nos empregados e empregadas o modelo sindical desenvolvido pola CIG-Servizos, baseado na participación, no asemblearismo e na combatividade.
Os presentes resultados representan un fito histórico en Pilsa pois a CIG-Servizos converteuse por primeira vez no sindicato maioritario na provincia da Coruña. A Federación quere felicitar especialmente os delegados e delegadas polo traballo sindical tan meritorio que realizaron nos últimos anos e os encoraxa a que sigan polo mesmo camiño a prol da defensa inquebrantábel dos intereses dos empregados e empregadas da compañía.



