ASEMACO, CC.OO e UGT amosan a súa galegofobia no convenio pontevedrés de materiais de construción
A xuízo de María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal de Vigo, a situación vivida nesta comisión negociadora “non se daba desde a Transición pois incluso se teñen asinado convenios en galego con patronais que son de fóra da Galiza”.
“Parécenos inaceptábel” –prosegue Fernández- “a postura dunha patronal que rexeita o noso idioma con actitudes tipicamente fascistas e non podemos esquecer que o noso idioma representa o noso país e a nosa cultura. Non respectalo significa discriminar o noso pobo”.
A secretaria comarcal entende que a política do PP coa lingua “está conseguindo que os empresarios argumenten exactamente o mesmo, sen importarlles a ofensa que fan á clase traballadora galega”.




