CIG-Servizos consegue un resultado excelente nas eleccións en DIA nun proceso longo e con represión
Esta foi a terceira ocasión en que se repetiron as eleccións por mor das manobras antidemocráticas da empresa e FETICO que intentaron por todos os medios que non se puidesen presentar as candidaturas disidentes. Ditas prácticas motivaron a impugnación dos anteriores procesos, que a Xustiza ordenou repetir. Ademais, a Inspección sancionou Supermercados DIA por intromisión nas votacións.
DIA é un grupo empresarial no que existe unha grande precariedade laboral que se manifesta na escaseza de persoal nas tendas, na inexistencia de medidas que permitan a conciliación ou en traslados sen previo aviso.
Os presentes resultados serven para que se abra unha etapa nova na empresa, que deberá dar un xiro na súa política de persoal tal como demandan os traballadores.
Representantes no comité de empresa da Coruña:
- FETICO: 6
- CIG-Servizos: 3
- CC.OO: 2
- UGT: 2
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Boletín da CIG en DIA | 2.59 MB |




