Carlos Vázquez convértese no secretario comarcal de Ourense

carlos_vazquez_ourense.jpg
Carlos Vázquez Castro foi elixido responsábel da CIG-Servizos de Ourense pola asemblea comarcal celebrada o 9 de xuño. No proceso só se presentou unha candidatura a cada un dos organismos federais e confederais. Vázquez Castro substitúe no cargo a Xosé Manuel Paradela Novoa.
10/6/10.

Resultados da V Asemblea comarcal da CIG-Servizos ourensá:

Integrantes da Executiva Comarcal da Federación:

- Carlos Vázquez Castro

- Virxinia Cortiñas Bolaño

- Pablo Martínez Pérez

- Marisol Rodríguez Arias

- Felisindo Míguez Feijoo

- Mª Dores Pérez González

- Juan José García González 

Representante no Consello Federal:

- Pablo Martínez Pérez

Persoas elixidas para a Dirección Comarcal da Confederación:

- Virxinia Cortiñas Bolaño

- Antonio Vázquez Pérez

- Pablo Martínez Pérez 

Carlos Vázquez Castro, como secretario comarcal da Federación, é membro nato do Consello e do Secretariado federais e da Dirección Comarcal da Confederación.