Persoal de axuda a domicilio do Concello de Ferrol mobilízase na defensa dos postos

dya_serviasistencia_ferrol.jpg
Traballadores e traballadoras da Asociación DYA e de Serviasistencia, empresas concesionarias do servizo de axuda a domicilio do Concello de Ferrol, iniciaron mobilizacións o 10 de xuño na defensa dos seus postos e para demandar información sobre que compañías van ser as novas adxudicatarias.
10/6/10.

CIG-Servizos de Ferrol repróchalle ao Goberno local a indefinición e falta de claridade que está amosar en todo este proceso. O Executivo municipal non está a informar os traballadores sobre que empresas explotarán o servizo. O persoal da Asociación DYA e de Serviasistencia ten dereito á subrogación, mais o Concello non aclarou como se vai realizar.

“Queremos recordar que a organización sen ánimo de lucro DYA pechará as súas portas o vindeiro 30 de xuño e deixará na rúa 54 traballadoras/es nunha situación de indefensión e incerteza ante o beneplácito do Goberno municipal”, indica un comunicado emitido pola CIG-Servizos ferrolá.

AdxuntoTamaño
Panfleto25.36 KB
Nota de prensa da CIG-Servizos de Ferrol10.67 KB