A Executiva Federal reparte funcións entre os seus membros
A Executiva Federal resultante do V Congreso Nacional da CIG-Servizos repartiu responsabilidades entre os seus nove integrantes. Alén de Paulo Rubido como secretario nacional, Adolfo Naya é o secretario de Organización; Pedro Pérez o de Negociación Colectiva; Cristina Martínez a de Formación e Muller; Tomás Gonzalo o de Eleccións Sindicais; Xosé María Figueroa o de Propaganda; Elisa Ares a de Finanzas; Asunción Castiñeira a de Saúde Laboral e Xosé Alvite o de Medio Ambiente.
Membros da Executiva Federal da CIG-Servizos:
1. Paulo Paio Rubido Bará: secretario nacional
2. Adolfo Naya Fernández: secretario de Organización e Actas
- Seguimento da constitución e funcionamento das diferentes estruturas territoriais.
- Campañas nacionais.
- Colaborar no traballo en materia de Negociación colectiva.
- Planificación e participación nos Grupos de Traballo.
- Seguimento da afiliación a nivel nacional.
- Elaboración das actas da Executiva, Secretariado e Consello.
3. Pedro Pérez Caride: secretario de Negociación Colectiva
- Coordinar a área de Negociación Colectiva.
- Elaboración das directrices xerais da Federación en materia de Negociación Colectiva.
- Seguimento e coordinación nesta materia a nivel nacional e territorial.
- Coordinación coa Secretaría Confederal de Negociación Colectiva.
4. Asunción Castiñeira Fernández: secretaria de Saúde Laboral
- Elaboración, seguimento e coordinación das directrices xerais da Federación en materia de Saúde Laboral.
- Planificación, en colaboración co Gabinete Técnico da CIG, das accións formativas de Saúde Laboral.
- Coordinación coa Secretaría Confederal de Saúde Laboral.
- Coordinación desta área coa Negociación Colectiva da Federación.
5. Tomás Gonzalo Vaamonde: secretario de Eleccións Sindicais
- Seguimento e coordinación das eleccións sindicais.
6. Cristina Martínez Padín: secretaria de Formación, Muller e Mocidade
- Impulsar e coordinar a participación na Formación Profesional e Forga.
- Elaborar a programación da Federación de Formación Continua.
- Política de cadros e formación de delegados/as.
- Colaborar na participación da afiliación na Federación e nos Grupos de Traballo.
- Coordinación coas Secretarías Confederais de Formación Profesional e Formación Sindical.
- Planificación e promoción de medidas e plans de actuación dirixidos a acadar a igualdade de dereitos das mulleres.
- Asesorar, orientar e informar nos temas relativos á situación da muller no mundo laboral.
- Promover a maior participación da muller na Federación, tanto nas liberacións como nos organismos e na acción sindical.
- Coordinar o traballo das Secretarías Comarcais da Muller.
- Coordinación desta área coa Negociación Colectiva da Federación.
7. Xosé María Figueroa Trigo: secretario de Propaganda
- Elaboración e distribución de todo o material propagandístico a nivel nacional.
- Publicación dos convenios colectivos da Federación.
8. Elisa Ares Albor: secretaria de Finanzas
- Xestión da Caixa Federal.
- Elaboración da xestión orzamentaria.
- Coordinación coa Secretaría Confederal de Finanzas.
- Persoal.
9. Xosé Santiago Alvite Rueda: secretario de Medio Ambiente
- Medio Ambiente.
Novas relacionadas:



