Aprazado o xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité

PICT0006.JPG
O xuízo contra Geriatros polo despedimento dunha delegada do comité previsto para o 16 de xuño en Ferrol ficou aprazado até o 2 de xullo pois os representantes da compañía non entregaron a tempo a documentación que lle reclaman os avogados da CIG. Ás portas dos xulgados ferroláns desenvolveuse unha concentración solidaria con esta compañeira despedida en marzo pasado no xeriátrico de Laraxe (Cabanas).
16/6/10.

A represalia sobre esta representante dos traballadores é consecuencia da presión da dirección sobre os integrantes do comité. A empresa non tolera as melloras que ao longo dos anos se foron conseguindo na residencia de Laraxe. Con este despedimento, Geriatros pretende amedrentar os empregados do resto dos seus xeriátricos e disuadilos de se mobilizar para reclamar condicións de traballo mellores.

CIG-Servizos de Ferrol manifesta que non lles vai consentir este tipo de comportamento ás empresas e que seguirá a loitar polos dereitos dos traballadores/as.