A patronal da seguridade ampárase no decretazo para empeorar a súa oferta
Os patróns propoñen retomar a negociación do convenio unha vez conclúan os trámites parlamentarios para aprobación definitiva da reforma, posibelmente a mediados de setembro.
O Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, entrou en vigor o 18 deste mes. O 22 foi convalidado polo Congreso español e na actualidade está a ser tramitado como proxecto de lei, polo que é susceptíbel de ser modificado.
Asemblea nacional de delegados do sector
Pola súa banda, a CIG-Servizos convocou unha asemblea nacional de delegados/as do sector para o 1 de Xullo, ás 17:00 horas no local da CIG de Compostela. A orde do día é a seguinte:
1.- Situación actual da negociación do convenio colectivo, valoracións da reunión da mesa negociadora do 24 de xuño.
2.-Reclamacións das horas extras, estado, coordinación e actuacións.
3.-Eleccións sindicais.
4.-Rolda aberta de intervencións.
Sen acordo sobre o día de asuntos propios
Noutra orde de cousas, non houbo acordo na mediación no SIMA do 18 de xuño sobre a interpretación e aplicación do artigo 46, apartado j, do convenio colectivo relativo ao permiso retribuído dun día por asuntos propios e ao seu cómputo como xornada efectiva.
Os mediadores propoñen someter o presente conflito á negociación do novo convenio e, até que non se peche esta, que as empresas provisionen economicamente o importe do día de asuntos propios como se fose xornada efectiva de traballo.
Consulta as actas da comisión negociadora
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta 15 Seguridade Privada (24-06-2010) | 291.96 KB |
| Acta de desacordo no SIMA (18-06-2010) | 1.38 MB |




