Convocada folga no comercio téxtil da provincia de Pontevedra para o 1 de xullo

CIG-Servizos, UGT e CC.OO convocaron folga no comercio téxtil da provincia de Pontevedra para o 1 de xullo en protesta polo bloqueo da negociación do convenio sectorial. O paro afectará unhas 600 empresas e uns 4.000 traballadores/as.
30/6/10.

A patronal defende un convenio de tres anos con incrementos salariais do 1´5% en 2009, do 2% en 2010 e do 2´5% en 2011. Esta oferta supón uns 12 euros de suba nun sector moi precarizado, feminizado, con moitos contratos a tempo parcial e con soldos medios de 834 euros. Pola súa banda, a parte social entende que os salarios deben atinxir os 1.000 euros en dous anos.

A convocatoria de folga estivo precedida por varias xornadas de protesta que consistiron en concentracións e mesmo manifestacións en rúas do centro de Vigo. A vixencia do convenio actual expirou en decembro de 2008.

Consulta as actas das negociacións