O CIS Galicia, dependente da Xunta, prescinde de seis traballadores en Ferrol
O e as vixilantes de seguridade rematan o seu servizo o 30 de xuño e o 1 de xullo correrá a mesma sorte o resto de empregados das concesionarias, entre os que hai persoas con máis de 15 anos de antigüidade no centro.
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, entidade xestora do CIS, ampárase na crise para prescindir destes postos, aspecto moi criticado pola CIG-Servizos de Ferrol, que lle reprocha á Xunta que, no canto de reducir o gasto en dispendios como o plus dos altos cargos, opte por eliminar os empregos máis precarios.
CIG-Servizos e os traballadores e traballadoras dialogaron en todo momento coa Fundación e as empresas para evitar este desenlace.
O CIS Galicia foi posto en marcha polo Goberno de Fraga en 1995 como “unha aposta por construír un centro de referencia que contribuíse ao desenvolvemento da I+D+i no mundo empresarial”. Nun primeiro momento estivo tutelado polo IGAPE e, desde 1998, pola devandita fundación, impulsada pola Consellería de Innovación e Industria.