A Audiencia Nacional considera que os asuntos propios na seguridade privada computan como tempo traballado

A Sala do Social da Audiencia Nacional dálle a razón aos sindicatos na controversia xurdida en torno á interpretación e aplicación do artigo do convenio de seguridade privada que regula os asuntos propios. O tribunal entende que o goce deste permiso retribuído debe computarse como tempo efectivo de traballo aos efectos de determinar o cumprimento da xornada ordinaria mensual ou anual.
07/7/10.

O presente fallo, que pode ser recorrido en casación ante o Tribunal Supremo, coincide coa tese que defenden os representantes dos traballadores e traballadoras do sector. A interpretación do artigo 46 j) do convenio foi obxecto de dúas mediacións no SIMA que remataron sen acordo.

Información sobre a negociación do convenio

AdxuntoTamaño
Sentenza AN Asuntos Propios374.9 KB