Dispoñíbel a versión do Estatuto dos Traballadores que inclúe a reforma laboral
CIG-Servizos ofrece a versión actualizada do Estatuto dos Traballadores que contén as modificacións que introduciu o Real Decreto-lei 10/2010, de 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. A central tamén facilita un resumo do decretazo.
O decreto-lei entrou en vigor o 18 de xuño, o 22 dese mes foi validado polo Congreso español e na actualidade está a ser tramitado como proxecto de lei, polo que é susceptíbel de ser modificado.
A norma, á parte de abaratar o despedimento, dá máis facilidades aos empresarios para despediren os traballadores por motivos obxectivos (con indemnizacións de 20 días por ano traballado), ofrece a posibilidade de que os patróns se descolguen das táboas salariais marcadas nos convenios ou dá máis poder ás Empresas de Traballo Temporal, que poderán inserirse en sectores antes vetados para elas.
Preme nos arquivos adxuntos para obteres máis información
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Estatuto dos traballadores (actualizado a xuño de 2010) | 402.2 KB |
| Síntese da reforma laboral | 87.14 KB |



