CIG-Servizos apoia a traballadora despedida no Jardiland de Oleiros
O centro oleirense de Jardiland signifícase pola conculcación sistemática dos dereitos máis básicos dos traballadores e traballadoras. Existe discriminación salarial por razón de xénero ao ocuparen as mulleres os postos peor remunerados. Tamén se constatan incumprimentos reiterados da normativa de prevención de riscos laborais, así como altos índices de contratación temporal.
Por outra banda, a empresa obriga os traballadores a interromper as vacacións para facer inventarios que non contempla o convenio. Do mesmo xeito, o persoal non é compensado pola realización de horas extraordinarias e os operarios que se atopan de baixa por incapacidade temporal non son substituídos.
Jardiland vulnera a Lei de Horarios Comerciais de Galiza pois permanece aberto todos os domingos e festivos do ano.



