A práctica totalidade do cadro de Neira & Ortegal secunda a folga
“Baixo o pretexto da crise económica, moitas empresas aproveitan para violar e transgredir os acordos, convenios e condicións laborais, a miúdo ocultando os efectos dunha mala xestión orientada só pola ambición”, expresan desde a CIG-Servizos ferrolá a través dun comunicado.
“A unidade dos traballadores e traballadoras ante estas circunstancias” –prosegue a nota- “é fundamental para defendérmonos destas prácticas empresariais. O cadro de Neira & Ortegal é un exemplo”.
O comunicado remata cun chamamento a participaren na folga xeral prevista a finais de mes: “Cada día encontramos máis argumentos para que entre todas e todos consigamos que a folga xeral do día 29 sexa un éxito. A falta de emprego e a precariedade fan que este tipo de empresarios sometan a todo tipo de presións os traballadores e traballadoras, intentando que se sintan responsables da situación de crise, cando esta foi provocada pola ambición patronal, pola súa mala xestión e por un sistema económico que non garante os dereitos básicos das persoas”.



