O mercadiño e o mercado de Recimil, en Ferrol, únense á folga xeral

Sindicalistas da CIG-Servizos de Ferrol visitaron o 27 de setembro o mercado e o mercadiño de Recimil para informar sobre os motivos para ir á folga xeral do día 29. A receptividade por parte dos traballadores autónomos da praza e dos vendedores ambulantes foi moi boa e a maioría manifestou que apoiará o paro.
27/9/10.

O presidente da Asociación de Vendedoras e Vendedores Ambulantes, Antonio Jiménez,  trasladoulle á CIG-Servizos o apoio do seu colectivo á folga xeral.

“A precariedade das condicións de traballo, o desemprego, a perda de poder adquisitivo e, en definitiva, o aumento da pobreza tamén precariza os pequenos e as pequenas comerciantes de mercados e mercadiños, que xa están notando a diminución nas vendas desde hai meses”, afirma Cristina Martínez Ces, secretaria comarcal da CIG-Servizos.