Referendado un preacordo no almacén de Pull&Bear que contempla unha suba do 16´5% en tres anos

As asembleas de traballadores do almacén loxístico de Pull&Bear referendaron o preacordo atinxido coa empresa na noite do 4 de outubro, que reportará aos operarios, entre outros aspectos, unha suba do 16´5% nos seus tres anos de vixencia. Ademais do incremento salarial, acadáronse melloras sociais relativas a licenzas retribuídas, excedencias, xornadas mínimas ou libranzas os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O cadro de persoal volverá aos seus postos o 6 de outubro.
05/10/10.

A Sección Sindical da CIG-Servizos valora positivamente este acordo, “que vén demostrar unha vez máis que a unidade e a determinación do cadro de persoal mobilizado é o camiño para acadar melloras laborais”.

A suba salarial pactada distribuirase anualmente do seguinte xeito:

  • 2010→ 6%
  • 2011→ 5´5%
  • 2012→ 5%