Ocupan a sede de Caixanova en protesta polos despedimentos nas auxiliares

ocupacion_caixanova_vigo_20101028
Sindicalistas e delegados/as da CIG-Servizos pecháronse temporalmente na sede central de Caixanova en Vigo o 28 de outubro para rexeitar os despedimentos previstos nas contratas da limpeza e seguridade. Do mesmo xeito, a central nacionalista urxe a apertura inmediata dunha negociación para abordar o futuro dos 300 postos das auxiliares desta entidade, ameazados tralo proceso de fusión das caixas.
29/10/10.

Máis de medio de delegados e traballadores afectados permaneceron no interior da sucursal durante unha media hora. Posteriormente foron recibidos polo responsábel de recursos humanos, que se comprometeu a trasladar a petición de xuntanza aos seus superiores.

Os concentrados portaron unha faixa co lema Non aos despedimentos na limpeza e seguridade nas caixas e proferiron consignas contra os despedimentos e a favor dun proceso negociador.