A folga na limpeza ourensá avanza cun seguimento do 100% do persoal fixo

folga_limpeza.jpg
Os traballadores e traballadoras realizaron asembleas e concentracións no terceiro día de folga no servizo de limpeza viaria e recollida do lixo do Concello de Ourense. O seguimento está a ser do 100% entre o persoal fixo e non se rexistraron incidentes de ningunha clase. As mobilizacións proseguirán o 3 de novembro, ás 10:00 horas, cunha concentración ás portas da Casa Consistorial para demandar a readmisión da compañeira despedida e mais a dimisión do xerente da empresa.
02/11/10.

O 2 de novembro cumpriuse o terceiro día de folga na empresa ECOURENSE UTE, concesionaria do servizo de limpeza na cidade das Burgas. Ás 05:30 horas un cento de traballadores e traballadoras concentrouse diante das instalacións da compañía para informar dos motivos da folga o persoal eventual e, ao mesmo tempo, comprobar o cumprimento dos servizos mínimos decretados polo alcalde.

Ás 09:00 horas celebrouse unha asemblea na se decidiu solicitar unha entrevista aos responsábeis dos grupos municipais do BNG e PP para lles trasladar as razóns da convocatoria de folga e, tamén, para solicitarlles o seu apoio, habida conta do desleixo amosado polo rexedor.