Finaliza a folga no lixo de Ourense trala readmisión da candidata da CIG-Servizos

Imaxe folga lixo
Tras seis xornadas de paro, a folga na limpeza e recollida do lixo do Concello de Ourense rematou o pasado 5 de novembro despois de que a concesionaria optase por readmitir a traballadora despedida por encabezar a lista da CIG-Servizos. Ecourense tamén se comprometeu a desistir na impugnación do laudo arbitral sobre o proceso electoral.
08/11/10.

O preacordo atinxiuse pouco despois das 14:00 horas na segunda reunión mantida no día entre o comité, sindicatos, a concesionaria e mailo Concello. As partes resolveron que a operaria deberá reincorporarse ao seu posto en idénticas condicións que tiña antes do seu despedimento. Para executar este punto, está previsto que se realice unha conciliación no xulgado nos vindeiros días.