A CIG manifestarase o 18-N contra as reformas antisociais
A CIG manifestarase o 18 de novembro nas cidades do país en contra das reformas antisociais e profundamente lesivas contra a clase traballadora que emprendeu o Goberno español. As marchas tamén servirán para censurar os orzamentos regresivos da Xunta de Galiza. O sindicato entende que os traballadores e traballadoras deben defender os seus dereitos mobilizándose, así como loitar por un modelo económico xusto e solidario.
Lugares e horarios das manifestacións:
- A Coruña: 20:00 h. da Praza de Vigo.
- Compostela: 20:00 h. da Praza Roxa.
- Ferrol: 20:00 h. da Avda. de Esteiro (diante do local sindical).
- Lugo: 20:30 h. da Rolda da Muralla (diante do local sindical).
- Ourense: 20:00 h. do Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra: 20:00 h. da Praza da Ferrería.
- Vigo: 20:00 h. da Vía Norte.




