UGT e USO asinan o convenio de seguridade privada

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
Non houbo lugar a sorpresas e cumpriuse o guión estabelecido pola patronal da seguridade privada. UGT e USO asinaron o convenio do período 2009-2012 pese a que o texto contén condicións peores que algunhas das propostas que presentaran os empresarios ao longo dos dous anos de negociación. O presente convenio ocasiona unha perda do poder adquisitivo do 2´2% e non arbitra medidas de conciliación da vida laboral e familiar, entre outras consecuencias negativas para os vixilantes.
16/11/10.

CIG-Servizos dubida da legalidade do artigo 44, relativo ao descanso anual compensatorio, e considera que o texto tampouco soluciona os problemas de subrogación do transporte de fondos. Ademais, entende que todas as centrais presentes na negociación deben participar na comisión que se encargará de analizar a posíbel implantación de plans de pensións e da solicitude de xubilacións anticipadas e prexubilacións aos organismos competentes. Tal como está redactada a Disposición Adicional Terceira, só os sindicatos asinantes están facultados para participar na devandita comisión.

“Á CIG resúltalle imposíbel asumir os acordos atinxidos neste convenio, tanto económicos como sociais, por ser completamente insuficientes. Non era necesario esperar dous anos para este acordo final”, expresou na mesa negociadora Pedro Pérez Caride, secretario federal de Negociación Colectiva.

Actas da comisión negociadora

Novas relacionadas: