CIG-Servizos solicita a constitución da comisión paritaria no convenio de instalacións deportivas

20100117_manifestacion_deportes_corunha.jpg
O secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, remitiu ao Consello Galego de Relacións Laborais unha solicitude para constituír a comisión paritaria do convenio de instalacións deportivas e ximnasios. A petición do sindicato é unha resposta aos incumprimentos que se están a detectar no tocante á aplicación das táboas salariais, ao pagamento dos atrasos, á xornada, aos descansos ou aos complementos.
21/11/10.

A comisión paritaria regúlase no artigo 8º e ten como cometido emitir informes relativos a dúbidas ou diverxencias xurdidas na aplicación e interpretación do convenio. Os sindicatos asinantes e os empresarios deben acudir á comisión paritaria antes de iniciar calquera acción ou reclamación ante a xurisdición competente.

O convenio de instalacións deportivas asinouse o pasado 29 de xullo tras varios anos de negociacións e logo de diversas folgas (a última estendeuse durante 35 días consecutivos).