Manifestación nacional contra o convenio de seguridade o 14 de decembro en Vigo
CIG-Servizos rexeita o convenio porque supón unha perda importante de poder adquisitivo, nomeadamente do 2´2%. O apartado económico contempla a conxelación salarial para os anos 2009 e 2010, unha suba do 1% en 2011 e, a partir do 1 de xaneiro de 2012, os soldos incrementaranse en función do IPC real de 2011 máis a diferenza entre o IPC real de 2010 e o 1%. O convenio tampouco arbitra medidas de conciliación da vida laboral e familiar, entre outras consecuencias negativas para os vixilantes.
CIG-Servizos dubida da legalidade do artigo 44, relativo ao descanso anual compensatorio, e considera que o texto tampouco soluciona os problemas de subrogación do transporte de fondos.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Comunicado sobre a sinatura do convenio | 29.41 KB |




